miércoles, 19 de septiembre de 2012

Exposición no Priorato San Martín cerca de Santiago de Compostela

O derradeiro pitillo

Dende o mes de maio ata o presente mes de setembro tiven exposta obra nas instalacións do Priorato San Martín, no concello de Ames, preto de Santiago de Compostela. 
Na inauguración, o xornalista e escritor Pemón Bouzas falou sobre o minimalismo na miña obra, sobre a pureza de liñas, a transparencia de ideas expresada na nobleza dos mateirais que emprego a cotío, a pizarra, a pedra,  o aceiro, o ferro e a madeira.

Troita arcoiris

Relevos nos que aparece a cor  continuando  coa teima iniciada na exposición no Centro Social Caixanova de Vigo no ano 2010. Os meus comezos foron coa pintura e, chegado este momento,  sentín a necesidade de retomar a cor nos meus relevos.
Ademáis, completeia exposición cunha mostra de deseños  realizados nos mesmos materiais, deseños cos que reinterpreto utensilios e elementos de uso diario nos fogares, nos restaurantes, nos hoteis...
Aquí vos queda unha pequena  mostra da miña obra.

Planta nº 7





Cactus nº 11


viernes, 31 de agosto de 2012

Benvidos a este espazo de arte.



Chámome José Francisco López Noya  e son escultor desde sempre. Asino a miña obra  como FRANCÉS, como homenaxe permanente á terra onde nacín, onde me formei e me sentín un neno feliz, París, a cidade dos artistas, da bohemia, do inconformismo, das vangardas.
Como artista profesional expoño a miña obra dende hai case 20 anos, sempre en Galicia e en diversas cidades españolas. Porén, a miña obra foi adquirida por coleccionistas de varios países do mundo, sobre todo de Xapón, Francia e Portugal.
Dende hoxe, este é o meu espazo para compartir a miña obra con todos vos, para darvos información sobre exposicións, proxectos, deseños e actividades que xiren arredor das miñas esculturas. Aquí estarán tamén as recensións de prensa, entrevistas en radio e televisión,  e demais textos  de diferentes amigos que participaran e vaian participar nas inauguracións  das mostras nas que a miña obra estea presente.
Esta é, polo tanto, a miña benvida a este espazo de arte.
Grazas por visitarme.

Francés.